Serie fotográfica 2018
No interior da provincia de Lugo, na ribeira do Río Miño, comarca de Chantada, pervive unha celebración ancestral do entroido. A súa orixe podería estar asociada a unha farsa creada por xente das aldeas en resposta ao cobro dos impostos do señor feudal da zona, surdindo así as diferentes figuras que conforman o “entroido”: o volante (señor feudal) e o maragato ou peliqueiro (gardan).
Estas figuras percorren a aldea de Santiago da Riba (ou Santiago de Arriba) e a súas hortas durante 3  domingos e o martes de entoido. Os volantes, protexidos polos peliqueiros cruzan as hortas invocando aos deuses para que as terras esperten tras o invierno e produzan boas colleitas.
Ademáis, o primeiro domingo, Domingo Lambedoiro, reúnen con entroidos doutras zonas de Galicia, que son invitados a unirse á celebración.
Esta serie de fotografías reúne aos personaxes desta peculiar celebración, prohibida trasa Guerra Civil (aínda que se mantivo na clandestinidade) e case perda nos 80-90 do século pasado debido á despoboación das zonas ruraos. Hoxe mantense nesta parroquia grazas a unha asociación que trata de non perder esta parte da súa historia.
As fotografías 11 realizáronse durante 2 domingos de celebración en 2018, o denominado Domingo Lambedoiro (28 de Xaneiro de 2018) e
o Domingo de Entroido (11 de Febreiro de 2018).

Entroido Ribeirao 1. Volante con pucho. Asociados a xefes celtas, cun gran sombreiro do que ondean cintas de seda ou papeis de cores. Non deixan de moverse nin un momento, facendo soar as súas chocas
Entroido Ribeirao 2. Boteiro Viana do Bolo. Con máscada negra, a súa misión é abrir paso a través de saltos axudándose dunha pértiga chamada “monca”. Sobre a cabeza un adorno de cores.
Entroido Ribeirao 3. Peliqueiro de Campobecerros. Con máscada de madeira decorada con motivos animais. Detrás, cubrindo a cabeza unha pelica animal. Visten con camisa branca, garabata e unha chaquetiña curta. Sobre los hombreiros, un pano enganchado á chaqueta. Unha faixa vermella sobre a cintura suxeita o pantalón de flecos e sobre ela, o cinto do que colgan los cencerros. Na man leva a zamarra, una especie de fusta que se usa para abrir camiño.
Entroido Ribeirao 4. Chocas de volante. Do cinto de coiro de porco dos volantes colgan 24 campaníñas ou “chocas” que sacuden constantemente para anunciar o seu paso.
Entroido Ribeirao 5. Boteiro de Viana do Bolo. Levan unha vestimenta de 3 pezas: pantalóns vermellos, polainas chamadas leguis e unha camisa con cintas rizadas. No seu cinto de coiro forrado, 12 cencerros que fan soar cando saltan.
Entroido Ribeirao 6. Volante con pucho. O pucho é un gran gorro dícese que con forma do camarín da Virgen. Son estruturas de ata 15 kilos, de maderia sobre o que colgan as cintas ou colonias.
Entroido Ribeirao 7. Volante con pucho. É común que sobre o pucho se coloquen bonecas e flores, elaboradas polas mulleres da parroquia. A vestimenta é de cor vermello e amarelo, levan un pano de gran variedade cromática sobre os seus hombreiros e unhas cintas marróns envolven as súas pernas.
Entroido Ribeirao 8. Volantes descansando. Os volantes que non levan o pucho, levan unhas máscadas feitas con papel de periódico untado cunha pasta elaborada con auga e farina. No medio das capas, engádese tela de liño para dar solidez e unha vez seca decórase.
Entroido Ribeirao 9. Maragato. É un personaxe vestido con roupas vellas e peles de animais. Na man leva un cinto para defender ao volante e abrirlle paso. Cubren a súa cara con peles y osamentas de animais.
Entroido Ribeirao 10. Percorrido por Santiago da Riba. Os volantes e maragatos, xunto cos demás entroidos e figuras invitadas, percorren Santiago
Entroido Ribeirao 11. Percorrido polas hortas. No seu percorrido, volantes e maragatos, sepáranse do resto para atravesar as hortas para que estas produzan boas colleitas.
Back to Top