Os Ausentes, videocreación en Stop-Motion de 50" realizada con imaxes gravadas, tanto no interior coma no exterior do Hospital Psiquiátrico San Rafael de Castro Ribeiras de Lea, en colaboración con Neru Herreros, para o proxecto da Rede Museística Provincial de Lugo EntoleARTE (2012).
É unha reflexión sobre a soidade e o sometemento ou camiño cara a inutilidade que padecen os pacientes psiquiátricos. É unha investigación e interpretación de sentimentos e de sensibilidades dos que habitan este tipo de instalación, feita dende o ámbito e a linguaxe artística. 

Back to Top