Non son ninguén xorde a partir dunha interpretación en formato audiovisual da obra de Maruja Mallo (postaleando, 2014) e da reflexión de Tania Balló sobre “Las sinsombrero”, un grupo de mulleres, entre as que se atopa Mallo: “Ao igual que eles volveron do exilio como heroes, elas atopáronse co máis profundo dos esquecementos: non eran ninguén”. 
É unha crítica á ausencia da muller na sociedade actual, que continúa a ser invisible, que é menosprezada e tratada como un espectro, que está pero non ten voz ni presenza.
Forma parte dos fondos da Rede Museística Provincial de Lugo.​​​​​​​
Back to Top