Videocreación que reinterpreta a obra Guía Postal de Lugo realizada en time-lapse con fotografías en branco e negro tratadas dixitalmente para conseguir o efecto
esteroscópico. A captura de fotografías realizouse nalgúns dos lugares que aparecen na obra de Maruxa Mallo.
Realizada para a exposición Olladas de Muller sobre a Guía Postal de Maruja Mallo, que xira arredor dunha obra titulada Guía Postal de Lugo. Enmárcase dentro dunha nova edición de A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0, unha iniciativa centrada na visibilización das mulleres no eido creativo, levada a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo, Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Vicepresidencia 1ª.


Back to Top